Saltar ao contido

Almudena Cueto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlmudena Cueto

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Almudena Cueto Sánchez Editar o valor en Wikidata
26 de outubro de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Nava, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, avogada Editar o valor en Wikidata

Almudena Cueto Sánchez, nada en Nava o 26 de outubro de 1975, é unha avogada e política feminista e socialista española, dende 2015 directora xeral do Instituto Asturiano da Muller e da Mocidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixente de Mocidades Socialistas ós 19 anos, de 1993 a 2001 foi Concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Nava. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Oviedo e estudou un curso de Experta Universitaria en Axente de Igualdade de Oportunidades na Uned e un máster universitario en Sostibilidade e Responsabilidade Social Corporativa na Uned e a Universidade Jaume I de Castelló.

Ós 25 anos trasladou a súa residencia a Barcelona onde traballou como consultora nunha compañía de seguros catalá onde traballou de 2001 até 2004, momento no que regresou a Asturias.[1] De 2004 a 2012 foi integrante do equipo de Antonio Trevín na súa etapa como Delegado do Goberno en Asturias onde traballou como asesora.[2]

Foi fundadora de Más Innovación Social, empresa dedicada a xestionar a creación de valor compartido para as organizacións, a través da innovación e da responsabilidade social. Nas eleccións municipais de maio de 2015 ocupou o oitavo lugar na lista do Partido Socialista de Oviedo que encabezou Wenceslao López e na que este obtivo 5 escanos.[3][4][5]

En setembro de 2015 foi nomeada Directora do Instituto Asturiano da Muller e da Mocidade substituíndo a Carmen Sanjurjo.

  1. PSOE. "Perfil de Almudena Cueto". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 30 de abril de 2019. 
  2. "El patriarcado muere matando, por eso repunta la violencia machista". El Comercio (en castelán). 24 de novembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  3. "El PSOE presenta su candidatura a las municipales de Oviedo". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  4. España, La Nueva. "Lo que Wenceslao una...". Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  5. "Resultados Electorales en Oviedo: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2018.